Hola a todos! Aquí os dejo partido en dos mitades un reportaje en gallego que hice para la revista especializada en baloncesto Zona Press sobre entrenadores que han emigrado o tienen previsto hacerlo en los próximos meses en busca de un futuro en la dirección que actualmente en España se les niega o si se existe, es en muchos casos en precarias condiciones.
La primera parte del reportaje es sobre Antonio Pérez Caínzos, entrenador que dirigió durante años al Básquet Coruña al que ascendió hasta Adecco Plata. El técnico preparara para este semestre su desembarco en Estados Unidos para seguir creciendo y aprendiendo en la tierra donde nació este deporte.
Antonio Pérez Cainzos, durante un tiempo muerto
Fuente: A. Pérez Cainzos.
Adestradores na diáspora
Paco
García no Brasil, Iván Denis en México, Mateo Rubio en Uruguay… A nómina de adestradores españoles
fóra das nosas fronteiras crece cada ano. No contexto de crise económica que
vive o país e que non é alleo o baloncesto, os técnicos achan unha alternativa
para seguiren exercendo a súa profesión no extranxeiro.
Antonio Pérez Caínzos, que deixou o
Básquet Coruña tras sete brillantes tempadas, vai vivir esta primavera o seu
soño americano. Avalado pola súa ampla experiencia na Adecco Plata, ademáis de
seren parte do equipo técnico da Federación española, o eumés quere probar
sorte no outro lado do Atlántico.
¿Cal foi o panorama cando saíu do
Básquet Coruña?
Tomo a decisión
co clube de non continuar e non esperas que en seis meses non teñas un oco para
seguir traballando. Hubo dúas ou tres opcións moi interesantes. Unha que
acabouse en 24 horas e outras non garantían unhas boas condicións para entrenar
nin económicas. Eu teño unha familia e teño que pensar nela e elexir ben o
próximo paso que dar. As veces
é mellor acougar un pouco e seguir formándose coma adestrador. Tamén para mín é
a primeira vez que me achei esta situación, outra veces sempre tivera opcións
de traballo. Serve para darme conta de que erros cometín, que cousas fixen ben,
reciclarme un pouco... E ver qué facetas teño que mellorar, tratas de
ver entrear a adestradores de un alto nivel: estiven unha semana en Sevilla
vendo a Aíto, Moncho en Santiago. É unha forma de ver como plantexan as sesións e cómo falan cos
xogadores. E logo tamén está ler moito, ver vídeos, todos os encontros de ACB,
Ouro, Euroliga e reengancharme coa tese doctoral de Psicoloxía do Deporte que
me volvín a matricular, tentar rematar a miña carreira de psicoloxía clínica na
UNED e disfrutar un pouco máis da familia.
¿Segue formando parte do equipo
técnico da Federación Española de Baloncesto?
Durante o ano
non traballas con eles, chámante en verán e a ver qué pasa. Houbo unhas
eleccións e sempre hai cambios de estructura.
¿Cómo xurde a
opción da aventura americana?
Ves como está a
situación económica e deportiva en España, que a medioprazo non mellore e hai
opcións por contactos que fixen e amizades no ámbito do deporte de poder ir
tres meses a dúas ou tres universidades en Estados Unidos para que me coñezan,
para ver cómo traballan, estar alí con eles e se xurde alguna opción de
traballar alí plantealo seriamente. Teño dous fillos pequeños, a miña muller
ten a posibilidade de manter o seu traballo xa que ela é empregada nunha empresa
norteamericana… A situación é favorable para poder tentar algo así. Sen dúbida
é un cambio de vida.
¿Mudou moito a
situación do adestrador eiquí?
Sí, ata agora o
técnico español non estaba habituado a saír fóra de España: eiquí era o mellos
baloncesto, as mellares ligas e as mellores condicións económicas e iso está
mudando. Xa non son as
mellores ligas porque os bos xogadores ACB marcharon porque hai competicións
onde agora mesmo cobran máis. Hai que plantexarse seriamente as cousas, e en
Estados Unidos o baloncesto é unha relixión, calquer instituto ou universidade
onde vas engaiola a forma que teñen de vivilo e é unha oportunidade de
aprender. Se non hai nada interesantísimo e irrechazable en España
collerei esa opción a partir de Marzo-Abril. O cambio é grande e a idea e que vaia con toda a miña familia para alí
(a súa muller e os dous fillos pequenos). Tomámolo como unha oportunidade e
collémola con moitas ganas e ilusión.
Antes de que as circunstancias case
o obligasen a marchar, ¿pensara algunha vez en emigrar e abrir novas vías
noutro país?
Sempre pensei que ir os Estados
Unidos era unha experiencia moi boa para un adestrador, porque alí aman o
baloncesto, porque inventouse alí e porque teñen medios importantes para poder
traballar a un bo nivel.
¿Falou con
outros compañeiros que xa viviron esa experiencia?
Coñezo
adestradores que foron alí dúas semanas, un mes. Agora mesmo non hai moita xente alí porque non
é doado entrar, aquí todo móvese máis por axentes e alí é máis xerárquico. O
adestrador xefe escolle moi ben os seus axudantes, deben cumprir unha serie de
requisitos para poder chegar. Por correo electrónico non vou convencer a
ninguén e eles convidáronme a ir a alí a coñecelos e vou tentar que lles guste
a miña maneira de traballar e si xurde algunha opción de quedarme alí sería
posible. A eles intéresalles a miña experiencia coa Federación, porque
coñezo a xogadores mozos das categorías inferiores de España. Ademáis valoran
que sexa licenciado en Educación Física, doctor en Psicoloxía deportiva…Eles
entenden que a día de hoxe un adestrador universitario debe ter formación
deportiva. Gústalles a miña formación e pensan que teño un perfil que se pode
adaptar o baloncesto de alí. Ademáis a figura do adestrador español vai ligada
ó éxito, tal e como está agora o
baloncesto nacional, que xogamos duas finais seguidas contra eles...Penso que é
un bo momento para que un adestrador anímese a saír fóra de España. Cada vez
hai máis adestradores que tentan saír: Mateo Rubios está en Uruguay, Raúl
Jiménez adestrou o ano pasado en Hungría. E é a primera vez con Joan Plaza que
un adestrador español vai dirixir a un equipo de Euroliga (Zalgiris Kaunas). É
un síntoma de que a globalización chegou o baloncesto español e queremos saír
fóra.
¿Poder ser o idioma un problema?
Espero que non, para falar de
baloncesto durante estes anos nunca o foi. Ademáis estou indo todos os días a
clases de conversación e preparándome para que o troco non sexa traumático.
Para falar con xogadores e adestradores penso que non terei problema, pero para
o día a día pode ser outra historia.
As ligas Adecco
descapitalizadas, a EBA cada vez con menos peso, ¿está tan mal como semella
dende fóra o baloncesto español?
Hai un 32% menos de patrocinios e
axudas por parte do Goberno as Federacións, iso é un síntoma de que hai un
problema económico no país e iso vaise notar a todos os niveis e no plano
deportivo moito máis. O deporte, as Federacións, os clubes deben plantexarse
algo para que esa situación de crise momentánea non remate por ser lago
crónico. Hai catro anos había catro categorías casi profesionais, con
soldos importantes e agora hai xogadores en ACB que cobran 2.000 euros. A
situación económica do país fai co deporte e en particular o baloncesto non
poida ter o nivel que tiña antes.
¿Era un nivel
por riba das posibilidades reais?
Agora velo como
ilóxico, pero cando estabas alí e dicíanche cun xogador costaba 40.000 euros en
liga EBA pensabas que era algo normal. Pero agora debatámonos que estábamos por
riba das nosas posibilidades. Hai que plantexarse a búsqueda de recursos, as
vías que teñen os clubes para serrar ingresos e ilusión.
¿Segue o Leyma
Natura no seu debut en Oro?
Sí, porque é o clube onde formeime e
o que sempre perteneceréis. Forton sete anos moi intensos e parte da miña vida,
sempre serei siareiro e seguireino alí onde vaia. É unha oportunidade moi boa
este ano para o clube para facer algo importante, que ten apoios
institucionais, unha boa plantilla dentro da categoría cunha línea exterior
incrible e xogadores que renovaron do ano pasado, de raza, que saben o que
teñen entre as mans e traballadores. Son quince xogadores e é un plantel longo.
Espero que o Básquet Coruña non teña problemas para facer unha tempada digna.
¿Quédalle a pena
de non poder xogar en oro co equipo laranxa?
Houbo dos
ascensos en esos sete anos e sempre buscas retos co clube, coa directiva que
entón estaba, con Julio Flores, pensamos o reto de algunha vez estar en Oro. Por circunstancias non puido ser así
e o mellor ten que ser en outro sitio, noutra época ou noutro momento, non pasa
nada. Foron circunstancias que se deron e hai que aceptalas. Non me xera
frustación, fixen o meu traballo o melloro que puiden e sé que alí hai xente e
xogadores que lembran con agarimo a miña etapa
no clube. Deixo moitos amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario